CONTOS NARRADOS


Preme nas imaxes para visualizar os contos

https://www.youtube.com/watch?v=hJ7b-A-aLjQhttps://www.youtube.com/watch?v=ibJFHBTWBDAhttps://www.youtube.com/watch?v=SKy-pVWR3kchttps://www.youtube.com/watch?v=7iNmp2hROt4
https://www.youtube.com/watch?v=SeQs_5kEyuY


PREME no enlace para ler  o conto:


O FRASCO DA FELICIDADE

Proposta de actividade:
Propoñemos realizar un frasco da felicidade da filósofa Elsa Punset para favorecer o optimismo tanto de nenos como de adultos. Podemos realizar un frasco para toda a familia.

1º En familia escoller un frasco transparente como por exemplo de marmeladas, legumes,...
2º Decorar o frasco cunha bonita etiqueta.
3º Colocar o frasco da felicidade nun lugar visible do noso fogar.
4º Cada día un membro da familia terá que escribir o mellor que lle pasou ao longo do día e apuntalo nun papel. Poden ser cousas sinxelas como una palabra amable, un sorriso, una sorpresa, algo que nos saíu ben...Ao escribilo, gravarase no noso interior inda que non nos deamos conta. Dóbrase o papel e introdúcese no frasco.
                                      

Debedes pactar cando abriredes o frasco, pode ser nunha data concreta, por exemplo ao final do período que estamos vivindo, ou cando o frasco estea cheo...
Lense en familia todas as mensaxes positivas.
Con esta técnica:
- Favorecemos o pensamento sobre os aspectos positivos que nos ocorren ao longo do día
- Os nenos e adultos aprendemos a valorar pequenos detalles nos que ás veces non reparamos.
- Ao ser unha actividade en familia, mellora a comunicación  de tódolos membros.
- Os nenos aprenden a ser agracecidos
- Aprendese a diferenciar os  pequenos problemas dos que non o son.
Deixamos algún exemplo de etiqueta por si queredes empregalas ou vos sirven de inspiración para crear as vosas e decoralas.
                                             
Esperamos que vos guste esta proposta